sábado, 4 de mayo de 2013

probablemente sacado dun "dominco" calquera


16 de outubro

Dime pedra , e direiche auga. Escoita, o asubío das ondas tentando chegar máis lonxe do que nunca poideron, e voltando cara atrás, coma a vida mesma. A humidade, impregnanos por dentro, o bafo rompe contra os cristais e debuxamos unhas verbas que semellan sacadas dun conto. Ti, quizáis sexas o mellor desta paixase, case sacado da nada, pero impregnando as cores frías da atmosfera coa túa calor.

limosinho


Nin eu mesma son quen de recoñecer o meu reflexo nas augas da escuridade mellor ca ti. Nunca espallar a mirada ó Sur foi tan doce.- M.R.L.C

dúbida


17 de Setembro

Por mor da autorreflectividade, por non pensar no que penso, nin tentalo sequera. Aquí  de novo se desdebuxan eses tremores do corazón que formaban liñas verticais, liñas grosas arredor do mesmo. O paso foi aberto e a corrente de aire arrefria neste tempo húmido. Pecharás a porta, ben sei que o has  facer. 

así deu comezo un 8 de agosto do 2012


8 de Agosto

O gris asoballa as sombras, o verde recobre o chan, o vermello pinta as rúas de paixón. Todas e cada unha das cores da illa de ouro. As lembranzas, xogan ensimismadas nunha rotonda sen fin. É mellor collela pola esquerda, tentar cambiar a dirección. Sempre se regresa o punto de partida, dun xeito ou do outro, sempre se acontecen ideas de luz e calor. Vexamos pois as cores, sen esquecer ese cheiro de agarimos e tranquilidade. É ben sabido que a caixa máis grande é a dos cheiros a doce, a calor, a un suxeito inesquecible…pechemos con chave entón. Comeza a estadía dos trocos, que me dás vida, por este tempo?

a sombra do que foi


Foi tan efimero que dubido que existira algo polo que poder sorrir.


O día suxire mañan, mais mañan non dá chegado.

foi un 18 de outubro, daquel ano tan singular - 2011



Espertei de socato, entre saloucos. A suor volve espallarse nun mar de augas mornas. Xa non se recoñece o cheiro da ledicia, a podredume semella querer voltar agocharme. Cóntame logo, porque lle das paso? Non quero trocar nada, non quero tentar finxir que es o que non es, o coñecemento nunca tal me fixera soñar, e agora descoñezo, e volvo espertar nese mar de augas mornas, tan salgado que case fai feble a esperanza dun mañán aberto. Fico de novo no punto de partida.

punto de inflexión



Cando leas isto, eu xa o terei escrito. É como cando te bico, que xa o tiña pensado.