sábado, 4 de mayo de 2013

así deu comezo un 8 de agosto do 2012


8 de Agosto

O gris asoballa as sombras, o verde recobre o chan, o vermello pinta as rúas de paixón. Todas e cada unha das cores da illa de ouro. As lembranzas, xogan ensimismadas nunha rotonda sen fin. É mellor collela pola esquerda, tentar cambiar a dirección. Sempre se regresa o punto de partida, dun xeito ou do outro, sempre se acontecen ideas de luz e calor. Vexamos pois as cores, sen esquecer ese cheiro de agarimos e tranquilidade. É ben sabido que a caixa máis grande é a dos cheiros a doce, a calor, a un suxeito inesquecible…pechemos con chave entón. Comeza a estadía dos trocos, que me dás vida, por este tempo?

No hay comentarios:

Publicar un comentario