sábado, 4 de mayo de 2013



17 de febrero do 2013

Os risos retumban nunha parede de xeo. Das verbas pasadas, só quedan os suspiros entrecortados ó pronuncialas. Non é unha boa lembranza quedarse na lembranza, nin tentar colgar o meu ente en entes esvaecidos. As súas sombras camiñan aínda, pero escoita. Escoita e verás a frialdade dos seus pasos, a súa indiferencia. Tanto ten agora, rexurdir nun espazo semellante se nada é igual. O segundo, o segundo de todos os pasos é o máis crítico, aquel que desdebuxa o pasado e escribe un presente lastimado de futuro inquedo.


Estas cordas non son seguras – dime o meu pensamento- mais, mesmo descoñezo se o que me aferro son cordas ou clavos ardendo.  Tanto ten. Comecei o debuxo fai tempo, sen unha base aparente. As ideas dun rostro xerais, con algún ápice de semellanza contigo, e sego buscando ese motor, ese brilar dos teus ollos que tanto me apaixona. Iso, é algo que non se pode retratar, e que mesmo agora, nin sequera podo ver. Volver atrás, retornar a unha paraxe descoñecida e na que tantas veces caín de fronte. Pero todo busca un sentido, e “todo” non é “todo” nin moito menos. Pero esas apertas fúndense coa cordura dos meus actos. Semella que Morfeo me emprestou a idea de tocar unha melodía sen mirar atrás. Tentarei aprender dos seus erros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario