sábado, 4 de mayo de 2013

ler xente


Reflexiono, matino no sentido das persoas e a sua semellanza cos libros. Recréome no seu cheiro, nese movemento ó trocar de páxina e mesmo no son que produce o seu retumbo no chan. Aquel  que proclamaria harmónico. Dame un novo caderno, unha nova historia. Ou dame baleiro, só o cheiro, só a caída e o golpe final. Dame as cores da sua cobertura, esa foto da nena perdida nun mar de dúbidas, de ollar triste, que non conta os trasgos e demos que ten gardadiños no peto. Subliño as frases que levan consigo un sentido livián, mesmo agarimoso. Volvoas a ler, e non semellan o mesmo. Estraño aquela primeira vez, na que as verbas se desfacían doces nos meus beizos o pronuncialas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario